Fundacion Meniños

>

>

Programas de Acollemento Familiar e Adopción Especial en Asturias

Programas de Acollemento Familiar e Adopción Especial en Asturias

Traballamos para que os nenos e nenas que non teñen a posibilidade de ser criados pola súa familia de orixe, poidan formar parte doutro entorno familiar que lles proporcione o vínculo de afecto e seguridade que precisan.

Buscar un fogar para estes nenos e nenas supón o inicio dun proceso no que o apoio e a asistencia técnica ás familias acolledoras e adoptantes é clave.

Tipos de acollementos e adopcións

  • O Acollemento Temporal ofrece unha alternativa de convivencia en familia para nenos e nenas (principalmente entre 0 y 6 anos) mentres a familia de orixe supera as súas dificultades. Ten carácter transitorio de máximo 2 anos.
  • O Acollemento Permanente ten coma finalidade proporcionar una alternativa de convivencia en familia a aqueles nenos e nenas que non poden estar coa súa familia de orixe e non son susceptibles de adopción.
  • A Adopción Especial vai dirixida a nenos, nenas e adolescentes en disposición de ser adoptados e adoptadas que, por presentar Necesidades Especiais, teñen unha maior dificultade para atopar unha familia.

Outras formas de colaborar

Tamén podes colaborar compartindo o teu fogar durante fins de semana e vacacións con nenas e nenos que residen en centros de protección, posibilitándolles unha experiencia de convivencia familiar.

Que se entende por necesidades especiais?

Que procuramos?

Como podes informarte?

  • Ser maiores de 6 anos.
  • Ser grupo de irmáns e irmás.
  • Pertencer a minorías étnico-culturais.
  • Padecer algunha enfermidade.
  • Ter discapacidade física, psíquica ou sensorial.
  • Presentar outras características que poidan condicionar igualmente o acollemento ou adopción.

Todo isto faise a través dun equipo multidisciplinar de profesionais tituladas en Psicoloxía, Traballo Social e Educación Social que acompañarán ás familias en todo o proceso de acollemento e adopción.

Familias asturianas dispostas a ofrecer a un neno, nena ou adolescente un ambiente familiar estable. Ofrecemos ás familias información, formación específica e acompañamento durante todo o proceso.

Programas de acollemento familiar e adopción especial en asturias

Chamando ao 678 718 614 e ao 900 841 521

Programas de acollemento familiar e adopción especial en asturias

A través do email [email protected]

Acceso a documentos de declaración de idoneidade:

Este programa desenvólvese coa financiación da Consejería de Derechos Sociales y Bienestar do Principado de Asturias.

Programas de acollemento familiar e adopción especial en asturias
¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.