Proxecto FAIN – Familia e infancia

Una niña mira como una persona dibuja
imaxe: pexels.com

O obxectivo principal do proxecto FAIN é ofrecer apoio a familias con nenos e nenas menores de 18 anos que reciben o Ingreso Mínimo Vital ou a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) nas principais cidades galegas e en zonas rurais.

O proxecto, financiado polos fondos Next Generation EU (a través do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e a Xunta de Galicia) levarase a cabo a través dunha oferta integral de servizos e apoios económicos personalizados, cunha duración máxima de 12 meses. 

As actividades poderán ser de tres tipos:    

–  Paquete de apoio social: este apartado consta de cursos en saúde e coidados; axudas económicas para gastos sanitarios; cursos para mellorar a calidade de vida no fogar; axudas económicas para a vivenda; axudas económicas para reparacións no fogar; axudas económicas para o pago de subministracións (auga, electricidade, gas); cursos de informática; cursos sobre o coidado dos fillos e fillas e actividades de participación comunitaria.

–  Paquete de apoio educativo: apoio individual cos estudos, axudas económicas para material escolar e axudas económicas para actividades educativas extraescolares.

– Paquete de inclusión activa: cursos en distintos temas para axudar na procura de emprego, sesións de orientación laboral e axudas económicas para a conciliación laboral.

As entidades participantes somos:

  • Fundación Juan Soñador
  • Cáritas Diocesanas de Mondoñedo-Ferrol
  • Cáritas Diocesanas de Lugo
  • Asociación Arela
  • Centro de Desenvolvemento Rural O Viso
  • Centro Rural Portas Abertas 
  • Fundación Meniños

Máis información sobre o Proxecto FAIN