Fundacion Meniños

>

>

Proxectos Educativos e de Sensibilización

Proxectos Educativos e de Sensibilización

Promovemos unha cultura do bo trato á infancia e o exercicio dunha parentalidade responsable:

Axia, O universo do bo trato

Este novo proxecto diríxese aos cursos de 1º e 2º de primaria e está centrado na promoción dunha cultura do bo trato e a protección fronte á violencia, o que permite fomentar a saúde mental e emocional do alumnado. Implica a nenos, nenas, profesorado e familias nunha apaixonante misión educativa compartida, ensinando a comprender e xestionar emocións, fortalecer relacións positivas e construír entornos seguros e protectores.

Se queres que levemos esta misión ao colexio dos teus fillos e fillas enche o formulario ou compárteo co teu centro educativo ou ANPA para que nos contacte.

Se necesitas formarte na prevención da violencia no entorno infantil podes encontrar unha formación adecuada para ti na seguinte ligazón facendo click sobre a imaxe:

Proxectos educativos e de sensibilización

Colexio do Benquerer

Ofrecemos ao alumnado de 5º e 6º de primaria un proxecto de educación afectivo sexual baseado no bo trato, o respecto e a diversidade, desde a educación emocional. A través das actividades que se propoñen o alumnado reflexiona e traballa durante todo o curso sobre temas como a autoestima, límites personais e aprender a relacionarse dunha maneira sa.

Participan neste proxecto cada curso 2.500 alumnos e alumnas de máis de 50 centros educativos de toda Galicia

Se queres que levemos esta misión ao colexio dos teus fillos e fillas cobre o formulario ou compárteo con teu centro educativo ou ANPA para que nos contacte.

Proxectos educativos e de sensibilización

Proxecto Cancha

O noso proxecto Cancha está comprometido con garantir o dereito dos nenos, nenas e adolescentes ao xogo. Está destinado aos nenos, nenas e adolescentes que polas súas circunstancias familiares teñen limitado o acceso a actividades deportivas, lúdicas e de ocio familiar.

É un programa que desenvolvemos con tódolos nenos, nenas e adolescentes que participan nos programas de Fundación Meniños gracias a una rede de empresas e entidades colaboradoras que nos apoian facilitándonos actividades, materiais, subscricións, e apoio económico.

Grazas ás nosas persoas colaboradoras comprometidos coa infancia e adolescencia e o seu dereito a xogar. 

Solicita información

    Escolle o proxecto

    infoSe non pertences a un Colexio, cobre o campo con "Son particular".


    (Obrigatorio)

    Declaro entender a información facilitada e consinto o tratamento que se efectuará dos meus datos de carácter persoal.

    Autorizo o envío de comunicacións informativas relativas ás actividades, produtos ou servizos por correo postal, correo electrónico ou calquera outro medio electrónico equivalente.

    Información básica Protección de datos

    Fundación Meniños con G15551120, Avda. de Cádiz, 5 – 2º Esqda. – Edif. “A Milagrosa”, 15008, A Coruña con teléfono a efectos de notificacións 981269955 e correo electrónico [email protected] como Responsable do Tratamento, infórmalle que os seus datos serán... Ler máis


    ¿Queres formar parte de Meniños?
    Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
    ¿Quieres formar parte de Meniños?
    Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.