Buscamos Profesional da Psicoloxía para ofrecer Atención Terapéutica en Ourense

|

TITULACIÓN REQUIRIDA: Grao ou Licenciatura en Psicoloxía

PERFIL:

  • Master en Psicoloxía Xeral Sanitaria ou Habilitación Sanitaria 
  • 2 anos de experiencia en intervención con nenas, nenos e adolescentes
  • Formación en Violencia de Xénero
  • Vehículo propio

Valorarase:

  • Formación específica en terapia familiar, EMDR, trauma 

FUNCIÓNS:

  • Intervención con nenos, nenas e adolescentes vítimas de violencia de xénero
  • Intervención con nenos, nenas e adolescentes vítimas de abuso sexual
  • Redacción de Informes
  • Coordinación con axentes implicados

OFRECEMOS:

Xornada: Contrato indefinido cunha xornada de 8,5 horas semanais

Seguridade: Temos establecida unha dinámica de traballo en equipo, de carácter colaborativo, que facilitará o desenvolvemento seguro e óptimo das tarefas propias do posto, ademais de espazos de supervisión externa.

Coidado: Dispoñemos dun plan de coidado ao persoal, entendendo os procesos de impacto da intervención terapéutica nas persoas traballadoras.

Máis: Flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo

Salario segundo Convenio Marco de Protección y reforma.

Propón a túa candidatura

Se valoras que estas son as túas fortalezas, animámoste a incorporarte ao noso equipo
Envíanos o teu CV a coordinacion.personas@meninos.org poñendo no asunto Intervención Terapéutica Ourense

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *