Incidencia social

Comunicación

una persona apunta sobre postits
imaxe: pexels.com

Na nosa sociedade aínda existe unha certa invisibilidade da infancia, especialmente a máis vulnerable, unha falta de conciencia colectiva da necesidade de implicarnos e actuar con urxencia para evitar a desprotección que sofren miles de nenos e nenas no noso país.

Por isto, un dos principais obxectivos da área de comunicación de Meniños é sensibilizar sobre a importancia do bo trato á infancia, dando voz ás súas necesidades e demandas.

Traballamos para dar a coñecer non só o noso labor como entidade e ofrecendo contidos técnicos, divulgativos e de sensibilización, senón que damos espazo a unha variedade de referentes na protección dos dereitos da infancia e as familias a través dos nosos diferentes canais de difusión.

Mantemos unha relación bidireccional cos nosos públicos, escoitando e valorando as aportacións que recibimos das persoas e entidades que se interesan polo noso traballo.

Voluntariado

Tres niños y dos mujeres tiran juntos de una cuerda
imaxe: pexels.com

A través dos nosos proxectos queremos ofrecer á sociedade unha vía de participación na protección á infancia e á adolescencia e na cobertura das súas necesidades, fomentando a construción dunha sociedade máis solidaria. Cremos indispensable dirixir a potencialidade e disposición que existe nas persoas en xeral, xerando novos recursos e normalizando as tarefas e actuacións en torno ás familias e nenos e nenas máis vulnerables.

Para isto procuramos a implicación e colaboración de todas as persoas que pola súa sensibilidade e competencias poidan complementar o traballo dos equipos profesionais, conseguindo o mellor e maior nivel de atención posible ás necesidades das persoas coas que traballamos.

Á vez que desexamos contribuír á xeración e multiplicación de redes de apoio informais que constrúan cidadanía e tecido social.