Proxecto CANCHA: Medrar xogando en rede
O Proxecto CANCHA:
- Facilita o acceso de *NNA a espazos deportivos e de ocio nos que medrar xogando en compañía de personas adultas de referencia.
- Promove experiencias de Bo Trato a través da práctica deportiva e de ocio.
Os 3 pilares
MEDRAR
As NNA para medrar sás necesitan un contexto seguro e os coidados dunhas persoas adultas :
- Accesibles.
- Sensibles para entender que necesitan.
- Responsivos/as para cubrir dita necesidade de forma axeitada, pronta e afectiva.
- Reflexivos/as para ver máis aló da conduta.
XOGANDO
O dereito ao xogo defínese no artigo 31 da Convención sobre os dereitos do Neno como “Os Estados Partes recoñecen o dereito do neno e a nena ao descanso e ao esparcemento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade e a participar libremente na vida cultural e nas artes.”
EN REDE
Unha comunidade comprometida e aliada composta de entidades e empresas que camiñan acompañadas dunha rede de voluntariado cunha empatía e compaixón que lles axuda a conectar e comprender os desafíos e necesidades dos e das NNA en situacións vulnerables.
Destinatarias
Nenos, nenas e adolescentes que medran en contextos de adversidade temperá, pobreza e pouca rede familiar e social.
Finalidade
Promover experiencias de bo trato a través da práctica deportiva e de ocio apoiadas nunha rede de empresas, entidades e voluntariado que facilitan dinámicas positivas de interacción con nenos, nenas e adolescentes.
Para que?
Garantir o dereito ao xogo e con el, a reparación do desenvolvemento emocional, psicolóxico e relacional de NNA para que medren sás e felices.
Facilitar a construcción de vínculos sás con persoas adultas de referencia que conformen unha rede social de apoio para NNA e para as súas familias.
Fomentar a participación infantil tendo en conta as súas necesidades dándolles protagonismo na toma de decisións en función dos seus intereses.
Artellar unha oferta de actividades que se adapten ás características e necesidades de NNA, poñendo o foco na diversidade funcional e a perspectiva de xénero.
Desenvolvemento do proxecto
Brinca
Arbitra polo Dereito ao Xogo
Detecta e selecciona NNA en contextos de adversidade con dificultade para o acceso ás oportunidades deportivas e de ocio.
Raqueto
Pancas para avanzar sen afundirse
Colabora coa comunidade desenvolvendo convenios con empresas e entidades deportivas e de ocio.
Readi
Rede de Voluntariado – Titoras de Resiliencia
Xera unha rede de voluntariado que actúan coma titores de resiliencia e brindan recursos, experiencias e coñecementos.
Cancha
Simboliza os espazos de encontro
Facilita espazos de encontro e desenvolvemento das actividades entre NNA, as súas familias e as súas titoras de resiliencia contaxiando a súa paixón e entusiasmo, e movilizando cambios significativos no seu desenvolvemento.
As actividades
Seguen os principios de versatilidade, diversidade e participación e xénero:
- Adáptanse ao territorio: desenvolvéndose no contexto máis próximo ás NNA en función da dispoñibilidade das mesmas e da dispersión xeográfica característica de Galicia e Asturias.
- Adáptanse ás necesidades específicas de cada NNA: diversidade funcional, xénero, cultura, etc.
- Permiten o protagonismo de NNA na toma de decisións acerca da participación nas mesmas.
- Adáptanse temporalmente ao calendario escolar; actividades verán-inverno; Nadal e días sinalados.