Colexio do Benquerer
Dámosvos á benvida ao colexio do Benquerer! Invitámosvos a ver o vídeo de presentación desta nova proposta educativa, e tamén a coñecer o país de Currículo onde está situado. Unha vez dentro do colexio, poderedes coñecer a súa directora e ao profesorado, e se queredes, podedes ser parte do mesmo. A continuación da imaxe interactiva tedes máis información.
Vídeo presentación do Colexio do Benquerer:
Mapa interactivo do Colexio do Benquerer:
O Colexio do Benquerer nace co obxectivo de achegar aos colexios galegos unha educación afectivo sexual baseada no bo trato, a confianza, o respecto, a diversidade e o pensamento crítico, tendo de marco de referencia a educación emocional e a coeducación. Queremos con isto promover o Benquerer non soamente como nome, senón como idea: querer ben, con confianza, en igualdade, con liberdade e con respecto.
Nas actividades do proxecto proponse unha abordaxe integral para chegar a este fin, estruturada en cinco áreas:
- Coñecemento e aceptación persoal
- Diversidade
- Comunicación e educación emocional
- Prevención do abuso sexual infantil
- Análise social
Este proxecto está destinado a últimos cursos de Primaria, se ben conta coa posibilidade de estender o aprendido ou incluso facer algunhas actividades en cursos inferiores, unha vez estea implantado no colexio.
Queres ser parte deste proxecto?
Presentación: que se aprende no colexio do Benquerer?
.
Queres saber máis?
Chámanos aos números 881 969 463 / 607 573 207 ou escríbenos a proxectos.educativos@meninos.org