Centro de Asesoramento e Psicoterapia

imaxe: Centro de Asesoramento e Psicoterapia

Actuando sobre o potencial de cambio das persoas

Como parte da propia vida, as persoas sufrimos reveses e dificultades que é posible afrontar con axuda especializada, para que non se convertan en obstáculos infranqueables.

Todas as persoas, incluso as máis danadas e afectadas polas condicións máis adversas, teñen un potencial de cambio e recuperación.

Concibimos a axuda psicolóxica e a psicoterapia como unha intervención orientada a actuar sobre ese potencial de recuperación, activando procesos de reflexión e cambio, potenciando, habilitando, capacitando e xerando competencias e habilidades que axudan á persoa a superar a dificultade ou a afrontala con eficacia, recuperando a súa calidade de vida e posibilitando procesos de transformación que lles permitan desenvolverse plenamente como persoas.

Levamos máis de 25 anos axudando a persoas e a familias. A nosa experiencia avala o modelo de traballo que poñemos a disposición de tódalas persoas no noso Centro de Asesoramento e Psicoterapia. O equipo de profesionais expertos garante unha atención de calidade personalizada e adaptada a cada necesidade.

O Centro de Asesoramento e Psicoterapia de Meniños está inscrito no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia co número C-15-002876.

Este centro xorde como unha iniciativa privada de Fundación Meniños, para ofrecer información, asesoramento, educación e psicoterapia.

Se queres contactar de maneira directa con nós:
centropsicoterapia@meninos.org