Espazos de preservación familiar

Una niña sentada entre un hombre y una mujer le choca las manos a otro hombre sentado enfrente de ellas
imaxe: pvproductions

ARELA e MENIÑOS en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, desenvolven nas comarcas do Salnés e O Barbanza unha iniciativa innovadora na protección e promoción da infancia e a adolescencia, os “espazos de preservación familiar”, un servizo integral de apoio psicolóxico, social e educativo para nenos, nenas e adolescentes en situacións de risco leve e as súas familias.

Nestes espazos ofrécese unha atención integral flexible, totalmente adaptada a cada situación familiar, en función da natureza das dificultades e as dinámicas familiares existentes, a través de actuacións psicoterapéuticas, mellora das competencias familiares, asesoramento familiar, apoio socio-educativo e orientación e integración socio-laboral; sempre cunha visión sistémica, reforzando a toda a unidade familiar, e en formatos individuais e grupais. 

Contamos cun equipo de 17 profesionais interdisciplinares (titulados en psicoloxía, pedagoxía, educación social, traballo social, integración social e maxisterio) que realizarán o seu labor nas localidades de A Pobra e Vilagarcía.

Esta iniciativa avanza dende a protección á promoción da infancia, a adolescencia e as súas familias, reforzando o “escudo” comunitario, evitando a cronificación das situacións familiares e a entrada dos nenos, nenas e adolescentes no sistema de protección, asumindo que o benestar e a integración social da familia é o xeito máis eficaz e sostible de protexer á infancia.

Como proxecto piloto innovador en servizos sociais, aportará rigor e evidencia científica aos programas de intervención familiar, dotándose dunha avaliación de impacto, dirixida pola Universidade de Santiago, que permitirá incrementar o éxito das intervencións, validar cientificamente o programa e garantir a súa posibilidade de replicabilidade e transferencia a outras áreas comunitarias.