Adopción nacional, internacional e postadopción en Castilla y León

imaxe: pexels.com

Meniños desenvolve este programa en concerto coa Consejería de Familia e Igualdad de Oportunidades de la Junta de Castilla y León.

A adopción é unha grande oportunidade para ofrecer aos nenos e ás nenas un entorno de coidado e seguridade. Medrar nunha familia que proporciona apoio e protección é fundamental para o desenvolvemento emocional e psicolóxico na infancia.

O noso obxectivo é asegurar que cada neno e/ou nena teña a oportunidade de medrar nun fogar onde se sinta unha persoa querida e segura, e onde poida desenvolver todo o seu potencial.

Adopción nacional:
  • Información especializada e asesoramento.
  • Formación das persoas que se ofrecen para a adopción.
  • Valoración psicosocial da idoneidade.
Adopción internacional:
  • Información especializada e asesoramento.
  • Formación das persoas que se ofrecen para a adopción.
  • Valoración psicosocial da idoneidade.
  • Seguimento.
Post-adopción:
  • Orientación e apoio á convivencia.
  • Atención terapéutica a menores adoptados e familias adoptivas.
  • Formación a familias adoptivas.
  • Asesoramento e mediación para as persoas adoptadas no seu dereito á procura de orixes.
  • Persoas que residan en Castela e León interesadas en recibir información sobre os procesos de adopción en Castela e León e internacional.
  • Residentes fóra de Castela e León que desexen información sobre os procesos de adopción dentro de Castela e León.
  • Persoas que residan en Castela e León e que realicen formalmente un ofrecemento de adopción na mesma comunidade autónoma.
  • Persoas menores que se incorporen a unha unidade de convivencia familiar a través da adopción e que residan en Castela e León.

Solicita información chamando ao número: 638 312 492

Ou a través do e-mail: info.adopciones.castillayleon@meninos.org