Espazos de Preservación Familiar

Una niña sentada entre un hombre y una mujer le choca las manos a otro hombre sentado enfrente de ellas
imaxe: pvproductions

Este servizo foi posto en marcha pola Asociación Arela e a Fundación Meniños. Actualmente a xestión do programa corresponde a la UTE Espazos, formada por ambas entidades. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Os Espazos de preservación familiar supoñen unha iniciativa innovadora na protección e promoción da infancia e a adolescencia. Ofrecen un servizo integral de apoio psicolóxico, social e educativo para nenos, nenas e adolescentes en situacións de risco leve e as súas familias. 

Contamos cun equipo de profesionais interdisciplinares (titulados en psicoloxía, pedagoxía, educación social, traballo social, integración social e maxisterio) que están ubicados nas localidades da Pobra, Vilagarcía e Ferrol, sendo o seu ámbito de actuación as comarcas de Ferrolterra, O Salnés e Barbanza.

Esta iniciativa avanza dende a protección á promoción da infancia, a adolescencia e as súas familias, reforzando o “escudo” comunitario, evitando a cronificación das situacións familiares e a entrada dos nenos, nenas e adolescentes no sistema de protección, asumindo que o benestar e a integración social da familia é o xeito máis eficaz e sostible de protexer á infancia.

Como proxecto piloto innovador en servizos sociais, aportará rigor e evidencia científica aos programas de intervención familiar, dotándose dunha avaliación de impacto, dirixida polo grupo de investigación ESCULCA da Universidade de Santiago, que permitirá incrementar o éxito das intervencións, validar cientificamente o programa e garantir a súa posibilidade de replicabilidade e transferencia a outras áreas comunitarias.

Máis información sobre Espazos de Preservación Familiar