Intervención con mulleres vítimas de violencia sexual
Programa de apoio a mulleres vítimas de violencia
Segundo a definición da Organización Mundial de la Salud, a violencia sexual é “todo acto sexual, a tentativa de consumar un acto sexual, os comentarios o insinuacións sexuais non desexados, ou as accións para comercializar ou utilizar de calquera xeito a sexualidade dunha persoa mediante coacción por outra persoa, independentemente da súa relación coa víctima, en calquera ámbito, incluídos o fogar e o lugar de traballo”.
A violencia sexual produce un profundo dano no desenvolvemento psicosocial e na expresión das capacidades, e con frecuencia impacta fortemente na saúde mental da persoa agredida.
A Macroencuesta de Violencia Sobre la Mujer da Delegación Del Gobierno Contra la Violencia De Género realizada no 2019 revela que do total de mulleres maiores de 16 anos residentes en España, 2.802.814 sufriron violencia sexual ao longo da súa vida. No conxunto da UE calcúlase que 3,7 millóns de mulleres experimentaron violencia sexual durante os 12 meses previos á elaboración da enquisa do Council de Europe en 2014.
Protocolo de atención ás vítimas
- Creamos un contexto de seguridade e de prevención de novas situacións de traumatización.
- Acompañamos ás mulleres na adquisición de información e habilidades para afrontar as consecuencias da violencia sexual.
- Traballamos na recuperación psicolóxica a través da construción dunha narrativa axeitada do trauma.
- Promovemos a integridade da identidade e o seu benestar bio-psico-social.
O Programa de Intervención con mulleres vítimas de violencia sexual desenvólvese a través dun concerto social coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.