Intervención con nenos, nenas e adolescentes vítimas de abuso sexual

Manos sujetando un cactus
imaxe: pexels.com

O abuso sexual infantil é un tipo de maltrato grave que impacta profunda e globalmente sobre a persoa menor de idade, con consecuencias físicas, psicolóxicas e sociais ao longo de todo o seu ciclo vital, mancándoa na súa integridade física, no seu desenvolvemento madurativo e nos seus vínculos coas demais persoas.

Constitúe abuso sexual toda acción na cal se involucra a unha persoa menor de idade nunha actividade sexual que esta non comprende completamente, para a que non ten capacidade de libre consentimento ou o seu desenvolvemento evolutivo non está

preparado, ou tamén que viola as normas ou preceptos sociais. Supón sempre a imposición de comportamentos de contido sexual nun contexto de desigualdade de poder, habitualmente a través do engano, a forza, a mentira ou a manipulación. 

A campaña do Consejo de Europa para a prevención da violencia sexual contra nenos, nenas e adolescentes estima que 1 de cada 5 nenos e nenas en Europa son vítimas dalgún tipo de violencia sexual e entre o 70% e o 85% dos casos, a persoa agresora é alguén próximo en quen confía.

  • Creamos un contexto de seguridade física e emocional de prevención de novas situacións traumatizantes.
  • Acompañamos ao neno ou nena e ás persoas adultas coidadoras/referentes na adquisición de estratexias e habilidades para afrontar as consecuencias do abuso.
  • Reparamos a sintomatoloxía que acompaña ao abuso. 
  • Asesoramos e acompañamos a outros equipos profesionais (centros de acollida, pediatras, profesionais do ámbito escolar e social, etc.) en contacto con estes nenos e nenas para acadar un ambiente bentratante e as mellores garantías de recuperación.

Este programa desenvólvese a través dun concerto social coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Máis información sobre Intervención con Nenos, Nenas e Adolescentes Vítimas de Abuso Sexual