Xeración e transferencia de coñecemento: investigación, publicacións e cooperación técnica
Investigación e publicacións técnicas
Colaboración coas Universidades
Comprometidos coas necesidades da infancia e a adolescencia, e as das súas familias, un dos nosos cometidos é xerar e difundir coñecemento que nos permita acadar un maior impacto na vida das persoas. Para isto, traballamos aliados con diferentes universidades co obxectivo de manter liñas de investigación e innovación en cada un dos nosos proxectos, o que nos permite avaliar os resultados dos nosos programas, optimizar a calidade e eficiencia dos mesmos e desenvolver novas formas de intervención que poñemos a disposición de toda a sociedade:
Nesta liña, actualmente colaboramos con diversas Universidades desenvolvendo os seguintes proxectos:
- Coa Universidade da Coruña, xunto co Centro de Terapia Familiar e Intervenção Sistémica de Azores (Portugal) na elaboración dun Manual de Boas Prácticas que guía a intervención técnica nos Puntos de Encontro Familiar.
- Coa Universidade da Coruña (UDC) no Convenio subscrito para o desenvolvemento de funcións docentes, asistenciais e investigadoras na orde sanitaria e social.
- Coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o desenvolvemento do Programa de Atención Perinatal para nais en dificultade social.
- Coa Universidad Internacional de La Rioja (UNIR) no marco da Red Proyectum.
Convenios de Supervisión Técnica
Con la Unidad de Investigación en Intervención y Cuidado Familiar (UIICF) de la Universidade da Coruña (UDC) mantenemos una colaboración para la supervisión técnica en nuestros programas.
Coa Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) da Universidade da Coruña (UDC) mantemos unha colaboración para a supervisión técnica nos nosos programas.
- Convenio de colaboración e supervisión técnica para o proxecto de Reunificación Familiar.
- Convenio de cooperación e supervisión técnica para os programas de Acollementos e Adopcións.
- Convenio de cooperación e supervisión técnica para o proxecto Punto de Encontro Familiar.
- Convenio de cooperación e supervisión técnica do proxecto de Atención Familiar.
Material técnico da Fundación Meniños
Froito da nosa experiencia directa na intervención con familias e nenos e nenas en risco social, e en conexión co ámbito universitario, elaboramos material técnico para xerar e difundir coñecemento, que poñemos a disposición de toda a sociedade.
Manual de Boas Prácticas en Puntos de Encontro Familiar (2021) Descargar PDF
Este manual, realizado pola Fundación Meniños en colaboración coa Universidade da Coruña e o Centro de Terapia Familiar e Intervenção Sistémica de Azores, ofrece información detallada para entender e desenvolver a práctica profesional nos Puntos de Encontro Familiar (2021).
“A elaboración da historia de vida” (2016) Descargar PDF
Consiste en elaborar, para o neno, nena ou adolescente que está en acollemento ou se está preparando para ser adoptado, a historia da súa vida, para que non perda o contacto coa súa familia e entorno de orixe. Esta publicación proporciona ás familias acolledoras e gardadoras ferramentas específicas para axudar aos nenos e nenas nese proceso, facilitándolles a construción da súa identidade e historia persoal.
Proxecto “Conecta”: Manual de Tratamento para adolescentes e familias en conflito (2011). Descargar PDF
Publicado en colaboración coa Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) da Universidade da Coruña (ano 2011). Esta guía está dirixida a profesionais que traballan con familias con adolescentes en conflito, confeccionada cunha dobre orientación: ofrecer unha guía práctica de tratamento para estas familias, e tamén a formación e adestramento de profesionais que traballen con estas dificultades, pois ofrece unha formulación da terapia familiar que calquera profesional pode incorporar (total ou parcialmente) ao seu contexto e estilo de traballo.
Programa de Integración Familiar: Investigación para a Validación e Optimización (2018). Descargar PDF
Esta investigación, realizada pola Fundación Meniños e o Grupo de Investigación e Formación Educativa e Social GIFES (da Universitat de les Illes Balears), céntrase na validación e optimización do Programa de Integración Familiar e a súa consolidación como Programa de Excelencia.
“Guía de intervención: Impacto da violencia de xénero en nenos, nenas e adolescentes” (2012). Descargar PDF
Realizada en colaboración coa Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da UDC e o Goberno de Azores (año 2012). É unha guía pioneira para o tratamento da infancia vítima de situacións de violencia de xénero co dobre obxectivo de intervención técnica dirixida á reparación dos danos sufridos polos nenos e nenas, e de transferencia de coñecemento, posibilitando a formación e o acceso de tódolos profesionais interesados nos contidos do programa.
Estudo de Resultados sobre o programa de Integración Familiar (2010). Descargar PDF
Desenvolto en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia (ano 2008). Esta pescuda, que abarcaba 10 anos de realización do proxecto, demostrou que o programa de intervención non so era eficaz no momento da súa aplicación, senón que ademais os seus resultados se sostiñan no tempo, garantindo nun 82% dos casos a estabilidade da condición protectora ao longo dos anos.
Cooperación técnica
Mediante a cooperación técnica procuramos a transferencia de coñecementos e destrezas, o intercambio de experiencias e a formulación de proxectos con outras entidades e países.
Meniños iniciou esta labor de cooperación técnica fai algúns anos, a partir da demanda de organizacións non gubernamentais e administracións de Portugal da nosa colaboración e asesoramento técnico para poñer en marcha programas e actuacións semellantes aos que levamos a cabo no campo da intervención con familias e nenos e nenas en situación de desvantaxe social, especialmente no Programa de Integración Familiar.
Estas demandas concretáronse na firma de convenios de colaboración co Centro de Terapia Familiar e Intervenção Sistémica, vinculado ao Instituto de Acção Social da Região Autónoma de Açores (Portugal).
O Instituto de Acção Social da Região Autónoma de Açores é unha entidade pública que se dedica ao desenvolvemento de accións preventivas, terapéuticas e promocionais. Traballa na consecución de obxectivos de acción social, a promoción da realización de estudos e a implementación e avaliación de medidas de intervención e política social.
“A Fundación Meniños está aberta a emprender novas liñas de cooperación con outras entidades e países que traballen en proxectos de intervención, formación e investigación na área da protección da infancia e a adolescencia“.
Formación a medida
Deseñamos e impartimos plans de formación a medida das necesidades das administracións, organizacións, entidades e equipos profesionais que traballan en intervención con familias, infancia e adolescencia en situación de dificultade social e en Educación á Infancia e a Adolescencia, sobre as seguintes temáticas:
- Intervención familiar dende o enfoque de recoñecemento do dano: como mellorar a capacidade de avaliación e reparación do dano psicolóxico provocado pola desprotección en nenos, nenas e adolescentes.
- Intervención psicolóxica de apoio á xeración de vínculo na etapa prenatal e perinatal.
- Procesos de entrevista, valoración e preparación de familias acolledoras e adoptivas.
- Procesos de preparación e acompañamento das transicións con nenos e nenas en procesos de acollemento e adopción.
- Intervención social con nenos, nenas e adolescentes en contextos de violencia de xénero.
- Intervención psicosocial nos Puntos de Encontro Familiar.
Prácticas profesionais
Meniños considera que as prácticas profesionais enriquecen ás persoas que accedan a elas e ás institucións de procedencia e, ao mesmo tempo, aportan valor á Fundación, non so pola posibilidade de difundir o noso coñecemento e experiencia, senon tamén pola contribución profesional das persoas en prácticas e, sobre todo, pola oportunidade de integrar novos coñecementos e competencias.
As entidades educativas coas que mantemos convenios para a realización de prácticas son as seguintes:
- Universidade da Coruña
- Universidade de Santiago
- Universidade de Vigo
- Universidad de Oviedo
- Universidade de Lugo
- Escola Superior Fernando Macías
- COGAMI
- Universidad de País Vasco
- UNED Pontevedra
- UNED Lugo
- ILERNA Online S.L.