A nosa contribución aos ODS
A Axenda 2030, adoptada por 193 países, establece 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) que a comunidade internacional ten que acadar para todas as persoas, facéndoo dun xeito sostible e con equidade. Esta Axenda representa unha grande ocasión para que o Goberno e as políticas públicas respondan de maneira efectiva á loita contra a pobreza e a desigualdade, da man
das entidades sociais e o sector privado, sempre tendo en conta as necesidades da cidadanía.
Os ODS promoven tamén os dereitos da infancia e supoñen unha oportunidade para protexer a todos os nenos e nenas baixo a consigna de non deixar a ninguén atrás.