Órgano de Goberno e equipo técnico

Padroado
A Fundación Meniños está rexida por un Padroado, que é o seu órgano de goberno. Actualmente, o Padroado de Meniños está composto por 6 persoas:

José Manuel Villanueva Prieto
Presidente
- Licenciado en Filoloxía Hispánica.
- Xerente da Universidade de Santiago de Compostela (USC) de 1988 a 1990, de 2003 a 2005 e de 2014 a 2018.
- Xerente do Consorcio de Santiago do ano 2005 ao ano 2011.
- Xefe de Área de Calidade na USC ata o 2021.

Luis Barreiro Carballal
Vicepresidente
- Doutor en Dereito Constitucional (USC).
- Profesor Asociado de Dereito Constitucional na UDC
(2005-2009). - Co-director do “Máster de Intervención e Emancipación de Mozos/as en Conflito Social”
- Presidente do Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes3) e Fundación Trébol de Iniciativa Social ata 2018.

Disashop S.L. – M.Rosa Arias Quintana | Secretaría
- Licenciada en Dereito e Diplomada en Ciencias Empresariais. Universidad Pontificia de Comillas.
- Máster en Dirección Xurídica de Empresa. Centro de estudios Garrigues.
- Experiencia como Asociada do Departamento de Procesal (Civil y Penal) de J&A Garrigues, S. L. P.
- Na actualidade dirixe o Departamento Xurídico de RRHH de Disashop S.L.

José Jesús Sánchez Marín
Vogal
- Diplomado en Ensinanza Xeral Básica. Máster en Xerencia de Servizos Sociais.
- Durante 9 anos desenvolveu programas de cooperación internacional en América latina.
- Foi xefe do Servizo de Formación, Estudos e Documentación da Dirección Xeral das Familias e a Infancia do Ministerio de Sanidade e Política Social durante 25 anos, ata a súa xubilación no ano 2012.

Nuno Ferreira
Vogal
- Licenciado en Servizos Sociais (Instituto Superior de Serviço Social de Lisboa).
- Director do Núcleo dos Açores da Direção-Geral de Reinserção e Serviços Prisionais (Ministerio de Xustiza de Portugal).
- Representa a Dirección Xeral de Reinserción Social na Agência para a Defesa e Desenvolvimento da Criança e Jovem em Risco (Governo Regional dos Açores).

Paula Gundín González
Vogal
- Licenciada en Ciencias Empresariais pola Schiller International University.
- Máster en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade da Coruña (USC).
- Directora das Escolas Infantís “Os Pequerrechos” e “British Royal School”.
Equipo directivo
O equipo directivo de Meniños está formado pola directora xeral, a directora técnica e a directora de xestión.
Mónica Permuy López
Directora Xeral
- Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
- Posgrao en Xestión Estratéxica dos RRHH na empresa Universidade da Coruña (UDC).
- Posgrao Experto en programas de Intervención Familiar pola UDC.
- Supervisión clínica en terapia familiar. (Unidade de Intervención Familiar da UDC).
- Traballou no Gabinete de Orientación Familiar e no Servizo de Protección de Menores da Xunta de Galicia.
- Foi directora da Casa de Familia de Cruz Vermella na Coruña.
- É directora xeral da Fundación Meniños desde o ano 2006.
Xema Cabana Ferro
Directora Técnica
- Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela.
- A súa experiencia profesional estivo ligada desde o 2001 ao ámbito de protección á infancia desde distintos programas como acollemento e adopción, acollemento residencial e programas de preservación e reunificación familiar.
- Coordinou desde o 2012 o Programa de Integración Familiar na provincia de A Coruña.
- Especializada no deseño de programas de intervención familiar, con formación en intervención sistémica, mediación familiar e crianza terapéutica.
Begoña Pallas García
Directora de Xestión
- Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña (UDC) especializada en Economía Internacional.
- Máster en Asesoría Fiscal, Laboral e Contable.
- Máster en Prevención de Riscos Laborais e Máster en Xestión Medioambiental.
- Delegada administradora cooperante internacional por Cruz Vermella Española en 2001.
- Traballou en Administración, contabilidade e na xestión do sistema de calidade en varias empresas.
- En 2005 uniuse ao equipo de Meniños como coordinadora de Xestión e membro do Equipo Directivo da Fundación.
Equipo técnico
Compoñen o equipo humano de Meniños medio centenar de profesionais titulados e tituladas en Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social e Educación Social, especializados e especializadas en intervención familiar, co apoio dun equipo de 6 persoas especializadas en Xestión, Administración e Comunicación.
Máis do 70% do noso equipo humano posúe niveis de estudo de ‘experto’ (máster, posgrao ou cursos de especialización).
Un dos nosos trazos de identidade é o traballo en equipo, o que garante a interdisciplinaridade a través dunha intervención integral especializada de carácter psico-socio-educativo, que xera á vez unha relación de apoio xenuíno, respecto e colaboración coas persoas coas que traballamos.