Traballo en rede

Ilustración de niño sujetando tres globos

En Meniños apostamos firmemente pola cooperación e a colaboración, buscamos a maior eficiancia e capacidade de solución para superar as limitacións dunha acción social fragmentada e dispersa. Para o exercicio da nosa misión establecemos unha rigorosa e comprometida política de alianzas con entidades afíns.

Traballamos para garantir a máxima cooperación entre organizacións e axentes públicos no desenvolvemento de políticas dirixidas á defensa dos dereitos e a protección da infancia e a adolescencia.

A colaboración é indispensable para xerar un verdadeiro impacto social transformador para a vida das persoas, e é crucial para promover unha cultura do bon trato á infancia e a adolescencia, y para loitar contra a pobreza e a desigualdade social.

Porque cremos no valor do traballo compartido, integrámonos nas seguintes redes e foros: