Traxectoria

Ilustración de un niño patinando

O noso modelo de traballo e a nosa experiencia

Un dos factores que motivou a aparición dos programas especializados de intervención familiar foi a evidencia dos nefastos resultados que provoca a separación prolongada dos nenos e nenas do seu contorno familiar, o que demandou a necesidade imperiosa de crear alternativas válidas á institucionalización, que ata aproximadamente os anos 90, era o único recurso para a atención en situacións de desprotección.

O noso modelo de intervención familiar ten unha concepción eco-sistémica: busca solucións para os

problemas no mesmo contorno onde estes se producen, co máximo respecto ás persoas.

Todos e todas temos cualidades e competencias que deben de ser apreciadas e poden ser estimuladas e acrecentadas para posibilitar un proceso transformador na vida. O noso obxectivo é actuar sobre o potencial de cambio e desenvolvemento dotando de habilidades e capacidades para afrontar non só os retos e dificultades actuais, senón tamén reorganizando o sistema familiar para unha maior fortaleza e eficacia ante dificultades e retos futuros.

Meniños traballa en intervención familiar desde 1996, mostrando uns resultados de recuperación das familias en torno ao 70%. 

Máis información sobre a nosa traxectoria