Fundacion Meniños

Traballo en rede

Traballo en rede

En Meniños apostamos firmemente pola cooperación e a colaboración, buscando a maior eficiencia e capacidade de solución para superar as limitacións dunha acción social fragmentada e dispersa. Para o exercicio da nosa misión establecemos unha rigorosa e comprometida política de alianzas con entidades afíns.

Traballamos para garantir a máxima cooperación entre organizacións e axentes públicos no desenvolvemento de políticas dirixidas á defensa dos dereitos e á protección da infancia e da adolescencia.

A colaboración é indispensable para xerar un verdadeiro impacto social transformador para a vida das persoas, e é crucial para promover unha cultura do bo trato á infancia e á adolescencia, e para loitar contra a pobreza e a desigualdade social.

Porque cremos no valor do traballo compartido, integramos as seguintes redes e foros:

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.