Destino do financiamento
Meniños destina a maior parte dos seus recursos a programas de atención directa á infancia. Desenvolvemos programas de Intervención Familiar para familias con nenos, nenas e adolescentes en situación de dificultade social en Galicia, e Asturias, e programas educativos e preventivos para promover o bo trato á infancia e o exercicio dunha parentalidade positiva.
A través destes programas axudamos as familias a que conserven e/ou recuperen as súas condicións protectoras, e buscamos contornos familiares alternativos cando isto non é posible.
Porén, a nosa misión é moito máis ampla na defensa dos dereitos e da calidade de vida da infancia e da adolescencia e das súas familias; por iso apostamos firmemente pola mellora continua na calidade e eficiencia dos nosos proxectos, pola xeración e transferencia de coñecemento, polo deseño de novos programas para necesidades emerxentes e pola investigación sobre novas técnicas de intervención.