Fundacion Meniños

Modelo de traballo e experiencia

Meniños traballa en intervención familiar desde 1996, mostrando uns resultados de recuperación das familias arredor do 70%

Un dos factores que motivou a aparición dos programas especializados de intervención familiar foi a evidencia dos nefastos resultados que provoca a separación prolongada dos nenos e nenas do seu entorno familiar, o que demandou a necesidade imperiosa de crear alternativas válidas á institucionalización, que ata aproximadamente os anos 90, era o único recurso para á atención a situacións de desprotección.


O noso modelo de intervención familiar ten unha concepción eco-sistémica: busca solucións para os problemas no mesmo entorno onde estos se producen, co máximo respecto ás persoas.

Todas as persoas teñen cualidades e competencias que deben de ser apreciadas e poden ser estimuladas e acrecentadas para posibilitar un proceso transformador nas súas vidas. O noso obxectivo é actuar sobre o seu potencial de cambio e desenvolvemento dotándoas de habilidades e capacidades para afrontar non só os retos e dificultades actuais, senon tamén reorganizando o sistema familiar para unha maior fortaleza e eficacia ante dificultades e retos futuros.

Traballamos dende 1996 desenvolvendo programas de intervención e prevención en Galicia, Asturias e Castilla e León

Grazas ao apoio de moitas persoas socias, institucións, empresas e donantes, Fundación Meniños traballa para que cada neno e nena atope a seguridade e o afecto que só lle pode proporcionar un entorno familiar.

Desde 1996 atendemos nos nosos Programas de Intervención un total de 10.024 nenos e nenas e 7.925 familias.

Participaron 132.037 nenos e nenas de 1.056 Centros Educativos e 8.364 docentes nos nosos Proxectos Educativos e Preventivos.

Traxectoria

Traballamos desde 1996 desenvolvendo programas de intervención e prevención en Galicia, Asturias e Castilla y León

Grazas ao apoio de moitas persoas socias, institucións, empresas e doantes, Fundación Meniños traballa para que cada neno e nena atope a seguridade e o afecto que só lle pode proporcionar un entorno familiar.

Desde 1996 atendemos nos nosos Programas de Intervención un total de 10.981 nenos e nenas e 8.595 familias.

Participaron 134.768 nenos e nenas de 1.125 Centros Educativos e 8.364 docentes nos nosos Proxectos Educativos e Preventivos.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.