Fundacion Meniños

Accesibilidade web

Accesibilidade web

A nosa páxina WEB adquiriu o compromiso de garantir a accesibilidade dos seus contidos a todos os/as cidadáns/ás, en cumprimento do disposto pola Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, respectando do mesmo xeito as pautas proporcionadas pola WAI (Web Accessibility Initiative), organismo creado polo W3C (World Wide Web Consortium) para informar, investigar e fomentar o traballo en accesibilidade WEB.

Logros alcanzados:

  • Estrutura da páxina: deseñouse co formato común para as páxinas de contidos, con zona de cabeceira e zona de pé de páxina, facilitando así a familiarización coa presentación da información e a navegación a través dunha estrutura clara e ordenada.
  • Accesibilidade nos contidos textuais: todas as plantillas onde se recollen os contidos da WEB foron creadas baixo os criterios de accesibilidade da WAI (máis información).
  • Imaxes: estableceuse un nivel de contraste suficiente entre o fondo e as imaxes, mediante a utilización de combinacións de cor axeitadas. Ademais, incorporáronse textos alternativos ás imaxes, para que os lectores de pantalla permitan interpretalas. Esta funcionalidade tamén resulta útil para aquelas persoas que teñan deshabilitada no seu navegador a visualización de imaxes.
  • Atallos de teclado: habilitáronse combinacións especiais de teclas a modo de atallos, para que quen utilice o teclado como medio de navegación o faga máis rapidamente.
  • Identificación de idioma: nas páxinas e documentos insertados que así o requiren, identifícase o idioma.
  • Táboas: incorporouse a todas as táboas existentes no sitio WEB o código necesario para a súa axeitada interpretación polos navegadores de voz e a súa correcta lectura en liña.
  • Publicación de arquivos PDF accesibles: os arquivos PDF incorporados á WEB son obxecto de revisión conforme aos estándares de accesibilidade.
¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.