Fundacion Meniños

Programas que transforman vidas

Prevención e Sensibilización

Intervención Familiar

Intervención Terapéutica

Adopcións e Acollementos

Atención perinatal a mulleres en dificultade social

O noso programa de atención perinatal ten como obxectivo garantir un bo coidado dos nenos e nenas desde as primeiras etapas da súa vida.

Espazos de Preservación Familiar

Os Espazos de Preservación Familiar ofrecen un servizo de apoio psicolóxico, social e educativo para nenos, nenas e adolescentes en situación de risco leve de desprotección e as súas familias.

Proxectos Educativos e de Sensibilización

Promovemos unha cultura de bo trato á infancia e ao exercicio dunha parentalidade responsable.

Intervención Familiar

Na Área de Intervención Familiar traballamos para que a infancia en contextos difíciles medre con seguridade, protección e oportunidades, sen ter que saír do seu fogar.

Infancia segura: medrar despois da violencia de xénero

A violencia de xénero no ámbito familiar ten un profundo impacto nos nenos e nenas, quen se ven directamente afectados polo clima de tensión e medo que se xera no fogar.

Intervención con mulleres vítimas de violencia sexual

A violencia sexual deixa unha fonda pegada na vida das vítimas. Non só afecta o corpo, senón tamén aos sentimentos, aos pensamentos e á maneira de ver o mundo.

Intervención con nenos e nenas vítimas de abuso sexual

O abuso sexual infantil é un tipo de abuso grave que afecta profundamente ao neno ou á nena, con consecuencias físicas, no seu desenvolvemento psicolóxico e na súa capacidade de relacionarse ao longo de todo o seu ciclo vital.

Programa Adopcións Especiais Galicia

Medrar nunha familia que ofrece apoio e protección é fundamental para o desenvolvemento emocional e psicolóxico na infancia.
Nos procesos de adopción, os nenos e nenas con necesidades especiais atópanse nunha situación de vulnerabilidade que esixe unha dedicación especial por parte da familia adoptiva.

Programas de Acollemento Familiar e Adopcións Especiais en Asturias

Traballamos para que os nenos e nenas que non teñen a posibilidade de ser criados pola súa familia de orixe poidan formar parte doutro contorno familiar que lles dea o vínculo de afecto e a seguridade que precisan.
Atopar un fogar para estes nenos e nenas é o inicio dun proceso no que o apoio e a asistencia técnica ás familias de acollemento e adopción son fundamentais.

Programas de Adopción Nacional, Internacional e Postadopción en Castilla y León

A adopción é unha grande oportunidade para ofrecer ás nenas e nenos un contorno seguro e agarimoso. Medrar nunha familia que lles dea apoio e protección é esencial para o seu desenvolvemento emocional e psicolóxico durante a infancia.
O noso obxectivo é garantir que cada neno e nena teña a oportunidade de medrar nun fogar onde se sinta querido e seguro, e onde poida desenvolver todo o seu potencial.

Generación y transferencia de conocimiento: investigación, publicaciones y cooperación técnica.

Impulsamos la investigación y las publicaciones técnicas junto a universidades y entidades especializadas, generando herramientas y conocimiento para mejorar la intervención con la infancia y las familias. A través de la cooperación técnica, compartimos experiencias y buenas prácticas a nivel internacional. Además, promovemos prácticas profesionales en colaboración con universidades y centros formativos, favoreciendo el aprendizaje mutuo y la innovación.

Forma parte de Meniños

En Meniños traballamos para que cada neno, nena e adolescente medre en entornos de coidado e protección, e con dereito a vivir en familia. Súmate á nosa misión: faite socia ou socio, ou realiza unha doazón e cambia o seu presente e o seu futuro.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.