Atención a infancia en risco de exclusión social: proxecto CaixaProinfancia

Un niño sobre una barra
imaxe: pexels.com

Somos entidade colaboradora e coordinadora no programa CaixaProinfancia, promovido pola Obra Social “la Caixa” que ten como obxectivo facilitar o desenvolvemento integral de nenos e nenas afectados por situacións de pobreza e vulnerabilidade social, así como incrementar as súas oportunidades, promovendo a mellora da súa situación e a de todo o núcleo familiar e promocionando o desenvolvemento das

competencias e o compromiso que lles permitirá asumir con autonomía ese proceso de mellora.

Obra Social ”la Caixa” leva desenvolvendo este Programa dende 2007 en áreas urbanas onde se concentran bolsas de pobreza infantil mediante a actuación con máis de 400 entidades sociais que traballan en rede e en coordinación coa Administración.

  • Favorecemos o desenvolvemento das competencias de nenos, nenas e adolescentes e as súas familias que lles permitan mellorar os seus procesos de inclusión social e autonomía.
  • Promovemos o desenvolvemento social e educativo da infancia e adolescencia no seu contexto familiar, escolar e social.
  • Desenvolvemos e poñemos en práctica un modelo de acción social e educativa integral que contribúe a mellorar as oportunidades de desenvolvemento social e educativo da infancia e as súas familias.
  • Contribuímos a sensibilizar e mobilizar á sociedade na erradicación da pobreza infantil.

Todo isto a través de accións de reforzo educativo, espazos abertos de apoio socioeducativo, campamentos e actividades de verán e apoio psicolóxico a todo o núcleo familiar, complementando estas accións coa activación doutros recursos que favorezan un estado de benestar físico, emocional e psicolóxico a través de axudas para alimentación e hixiene infantil, gafas e aparellos auditivos e equipamento escolar.

Entidades participantes CaixaProinfancia en Galicia

  • Fundación Meniños.
  • Fundación Secretariado Xitano.
  • Asociación TDAH e NEAE.

Máis información sobre o Proxecto CaixaProinfancia