A infancia vítima de violencia de xénero: programas de apoio
A violencia de xénero no entorno familiar
A violencia de xénero é considerada pola Organización Mundial de la Salud como un dos maiores problemas internacionais de saúde pública, enormemente parecido en todos os lugares e culturas. Os nenos e as nenas son normalmente as vítimas esquecidas neste tipo de conflitos violentos, e os efectos nefastos de dita situación proxéctanse ao longo de toda a vida, se non ofrecemos espazos de reparación e recuperación.
Un dos maiores problemas internacionais de saúde pública
Aínda que as consecuencias traumáticas da violencia de xénero se manifestan de forma diferente en función dos factores de risco e de protección de cada neno e nena en particular, xeralmente prodúcense importantes danos psicolóxicos que comprometen o seu adecuado
desenvolvemento individual e social e que deben ser convenientemente avaliados e reparados a través dunha intervención terapéutica personalizada que contemple tanto o traballo individual como o traballo conxunto coas súas nais. Ademais, debe terse sempre en conta a historia de vida e vinculacións destes nenos e nenas.
Intervención cara a infancia vítima de violencia de xénero
En Meniños intervimos dende a óptica da construción e reparación das relacións de apego e o efecto das experiencias traumáticas, o que nos permite reparar e atenuar danos, reforzar a relación materno-filial, restaurar as capacidades maternais de coidado e crianza e, ademais, loitar contra a perpetuación de modelos de relación asentados en patróns de desigualdade de xénero.
Más sobre nuestros programas de apoyo
- Creamos un entorno de seguridade física e emocional situando as necesidades dos nenos e nenas no primeiro plano.
- Atendemos a sintomatoloxía derivada do trauma, posibilitando a recuperación física, psicolóxica e emocional dos nenos e nenas.
- Recuperamos a relación materno-filial, restaurando as capacidades de empatía, confianza e afecto.
- Actuamos con perspectiva de xénero para contribuír a cambiar o contexto socio-cultural no que se xera a violencia sobre a muller.