Ser familia adoptiva – Galicia

Unha nena e un neno adoptivos no salón da súa casa lendo e facendo os deberes
imaxe: pexels.com

“Como pai e nai é importante estar forte para dar afecto, rutina, bo trato e coherencia.
O máis entrañable é cando che devolve un pouquiño diso que estás a dar ti.”

A finalidade do programa é promover a adopción de nenos, nenas e adolescentes que polas súas características teñen unha maior dificultade para poder atopar unha familia.

Características dos nenos e as nenas

  • Entre 8 e 17 anos
  • Algún tipo de discapacidade (física, psíquica, sensorial) ou enfermidade
  • Grupos de irmáns ou irmás, independentemente da súa idade

Que buscamos?

Procuramos persoas dispostas a comprometerse coa crianza dun neno, nena ou adolescente coas súas diferentes características.

Que ofrecemos ás familias?

  • Formamos ás familias para que adquiran as ferramentas necesarias para afrontar a crianza no día a día. Procuramos o mellor encaixe entre as necesidades dos nenos, nenas e adolescentes, e as características e dispoñibilidade das familias.
  • Acompañamos ás familias durante todo o proceso adoptivo incluíndo a fase de post adopción, cun apoio personalizado en función das necesidades.