Persoas atendidas dende 1996

Traballamos desde 1996 desenvolvendo programas de intervención e prevención en Galicia e Asturias.
Grazas ao apoio de moitas persoas socias, institucións, empresas e doantes, Meniños traballa para que cada neno e nena encontre a seguridade e o afecto que só lle pode proporcionar un contorno familiar.
Desde 1996 atendemos nos nosos Programas de Intervención un total de 9.569 nenos e nenas e 7.326 familias.
Ademais, participaron 130.302 nenos e nenas de 1.051 Centros Educativos e 8.292 docentes nos nosos Proxectos Educativos e Preventivos.