Contas anuais

imaxe: pexels.com

Fundación Meniños traballa cos nenos e nenas do sistema de protección de persoas menores de idade tuteladas pola Administración Pública, polo que en boa medida o noso financiamento procede da propia Administración, que confía en Meniños a execución dos programas de protección á infancia.

Para levar a cabo os nosos proxectos e actuacións, resulta fundamental nutrir os fondos propios da Fundación incrementando a nosa base social e as colaboracións de empresas e de particulares que apoien este reto compartido de protexer á infancia e a adolescencia.

Conscientes de que traballamos coas achegas de Administracións, empresas e particulares que apoian a nosa misión, esixímonos as cotas máis elevadas de transparencia e rendición de contas.

Meniños audítase externamente todos os anos dende a súa creación, obtendo todos os exercicios un informe de auditoría económica favorable.

As nosas contas auditadas son depositadas no Protectorado Único de Fundaciones de Competencia Estatal dependente do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Procedencia do financiamento