O centro
Somos unha organización con máis de 28 anos de experiencia en atención psicolóxica, social e educativa a persoas con dificultades, cun modelo de intervención integral centrado na competencia e orientado cara os recursos das persoas. Ofrecemos unha relación de apoio xenuíno, respecto e colaboración baseada na confianza nas capacidades individuais das persoas para saír adiante e superar as adversidades. A nosa traxectoria está avalada polo recoñecemento e acreditación no ámbito da intervención psicolóxica e social.
Este centro é un recurso de atención privada iniciativa da Fundación Meniños. Está inscrito no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios da Comunidad Autónoma de Galicia co número C-15-002876. Conta con todas as medidas de protección de datos e prevención de riscos laborais para que as persoas se sintan seguras e cómodas neste espazo de intervención.