Programa LECXIT: Promoción do éxito educativo

Una mujer sujeta un libro que está leyendo un niño a su lado
imaxe: pexels.com

O programa “LECXIT, lectura para o éxito educativo”, é unha proposta educativa deseñada pola Fundació Bofill que persegue a mellora da comprensión lectora, como competencia básica para incrementar a garantía de éxito escolar.

É unha iniciativa que une a implicación do persoal educativo dos centros escolares, o voluntariado e o entorno de nenos e nenas creando unha rede estable, motivadora e sustentadora.

Diríxese a nenos e nenas de 4º a 6º de primaria cun potencial de mellora, propostos polo

profesorado de cada centro escolar e establécese unha relación 1 a 1 entre unha persoa voluntaria que se converterá nun referente estable motivador e estimulador e un alumno ou alumna, en torno a unha actividade de lectura de 1 hora á semana durante todo o curso escolar.

Meniños actúa como axente impulsor e dinamizador do proxecto implicando voluntariado, conectando colexios, supervisando actividades, ofrecendo metodoloxías e construíndo redes sólidas e activas xeradoras de compromiso e activación social.

  • Xeramos unha rede de voluntariado con gusto pola lectura e sensibilidade coa infancia que impregna todo o territorio galego.
  • Asesoramos, apoiamos e implicamos aos colexios e equipos docentes ofrecendo unha actividade complementaria estruturada e deseñada para incrementar o éxito escolar.
  • Conectamos escolas, implicamos familias, formamos voluntariado, seguimos e avaliamos resultados e dinamizamos o proxecto para que se converta en motor de éxito educativo e desenvolvemento persoal da infancia.