Acollemento familiar e Adopcións Especiais en Asturias
Adoptar e acoller nenos e nenas no Principado de Asturias
A infancia é un período trascendental no desenvolvemento da vida. O que ocorre neste período vital condiciona as posibilidades de desenvolvemento pleno do ser humano. Atender con coñecemento e compromiso as necesidades dos nenos e nenas é unha responsabilidade social compartida que nos atinxe a tódalas persoas.
Esta obriga conleva artellar un sistema de protección que asegure o cumprimento de dereitos e cobertura das necesidades infantís. Así coma poñer en marcha unha serie de medidas, dispositivos e recursos que se despregan para prover a atención axeitada en función das diversas necesidades.
A lexislación, acorde coas necesidades e dereitos dos nenos e as nenas marca o principio de prioridade da familia de orixe. Cando isto non é posible: recóllese a prioridade do acollemento familiar sobre o residencial. Isto dase en situacións de grave deterioro da capacidade de protección, cando a recuperación da familia biolóxica non é posible. Pode ser temporal ou de forma definitiva. E a alternativa da adopción, pensada para proporcionar unha familia a nenos, nenas e adolescentes que carecen dela.
Acollemento e adopción teñen a súa base conceptual común na consideración e a satisfacción das necesidades evolutivas da infancia e o concepto de parentalidade social.
Derredor a un neno ou nena é necesario establecer un sistema de coidados, protección, afecto e seguridade.
A parentalidade social
Cando este sistema de coidados non se pode prover desde as figuras biolóxicas, debe aparecer a parentalidade social. Unha parentalidade aprendida, modelada na familia e no contorno social no que medramos. E artellando ademais un proceso de apoio profesional, para que outras persoas asuman o rol de coidadoras e referentes. Proporcionando deste xeito, a protección e afecto necesarios para o desenvolvemento san e para a superación das experiencias de desprotección vividas.
Desde esta concepción, xorden os programas de acollemento familiar e adopcións especiais no Principado de Asturias promovidos pola “Consejería de Derechos Sociales y Bienestar” e xestionados pola Fundación Meniños.
Neste programa préstanse os servizos de información, formación e emisión de informes psicosociais previos no procedemento de Valoración de Idoneidade. Todo isto permite a valoración e emisión de proposta da idoneidade polo IAAIIF, así coma o acoplamento e seguimento. Este conxunto de medidas é necesario para facer efectivo o acollemento familiar, así coma a adopción de nenos e nenas con necesidades especiais. Esas infancias que demandan unha especial dedicación da familia que os adopta.
Tipos de acollementos e adopcións
O Acollemento Temporal ofrece unha alternativa de convivencia en familia para nenos e nenas (principalmente entre 0 y 6 anos) mentres a familia de orixe supera as súas dificultades. Ten carácter transitorio de máximo 2 anos.
O Programa de Fins de Semana e Vacacións ofrece a nenos, nenas ou adolescentes que residen en centros de protección, un compromiso de tempo compartido nunha familia durante a fin de semana, festivos e vacacións.
O Acollemento Permanente ten coma finalidade proporcionar una alternativa de convivencia en familia a aqueles nenos e nenas que non poden estar coa súa familia de orixe e non son susceptibles de adopción.
A Adopción Especial vai dirixida a nenos, nenas e adolescentes en disposición de ser adoptados e adoptadas que, por presentar Necesidades Especiais, teñen unha maior dificultade para atopar unha familia.
Que se entende por adopcións especiais?
- Ser maiores de 6 anos.
- Ser grupo de irmáns e irmás.
- Pertencer a minorías étnico-culturais.
- Padecer algunha enfermidade.
- Ter discapacidade física, psíquica ou sensorial.
- Presentar outras características que poidan condicionar igualmente o acollemento ou adopción.
Todo isto faise a través dun equipo multidisciplinar de 9 persoas. Tituladas en Psicoloxía, Traballo Social e Educación Social que acompañarán ás familias en todo o proceso de acollemento e adopción.
Como podes informarte?
Organizamos sesións informativas grupais para as persoas interesadas en ser familia acolledora ou adoptiva tódolos xoves ás 17:00 horas (é necesaria inscripción previa).
Ademais, podes solicitar cita para unha sesión informativa individual.Solicita información chamando aos números: 985 20 81 24 // 900 841 521