Sinais de identidade

Misión
Fundación Meniños é unha ONG que traballa polos dereitos da infancia e da adolescencia en situación de dificultade social, contribuíndo a xerar un ambiente familiar de seguridade e afecto.
Visión
Fundación Meniños ofrece servizos de intervención familiar de calidade contrastada para nenos, nenas e adolescentes en situación de dificultade social e promove o seu dereito a medrar nun contorno familiar que asegure o seu benestar e desenvolvemento integral, actuando, investigando, difundindo coñecemento, innovando sobre a súa atención e favorecendo a participación doutras persoas e entidades na promoción dunha cultura de bo trato á infancia e á adolescencia.
Valores
✔️ Compromiso cos Dereitos da Infancia
O compromiso coa defensa dos dereitos da infancia, no marco da Convención dos Dereitos do Neno (CDN), co obxectivo de incidir socialmente para procurar melloras perdurables para a infancia e a adolescencia.
✔️ O superior interese do neno ou nena
O superior interese da infancia e a adolescencia e as súas necesidades, potenciando o seu protagonismo e participación como suxeito activo de dereitos.
✔️ A familia como referente estable
A familia como referente estable e plural de seguridade e afecto, priorizando o apoio á integración nas familias de orixe e, cando isto non sexa posible, propiciando acollementos familiares ou adopcións.
✔️ Educación e capacidade de cambio
A educación e atención integral, baseada na confianza nas potencialidades familiares e na capacidade de cambio e desenvolvemento.
✔️ Calidade e mellora continua
A especialización e a profesionalidade en todas as nosas actuacións, orientadas á satisfacción das necesidades e expectativas das persoas, entidades coas que a Fundación desenvolve o seu labor.
✔️ Innovación e creatividade
A innovación e creatividade, con atención permanente aos cambios sociais, ás necesidades emerxentes e á oferta de solucións de futuro sustentables.
✔️ Compromiso social
Compromiso social, propiciando a corresponsabilidade social, o traballo en rede e a participación activa no coñecemento e defensa da infancia e a adolescencia na promoción dunha cultura do bo trato.
✔️ Transparencia e independencia
Traballamos cunha política de transparencia informativa e rendemento de contas, garantindo que os nosos obxectivos e actividades se implementen de forma responsable, eficiente, sustentable e con independencia.
✔️ Coidado ás persoas
Promoción da empatía, o respecto e o bo clima en todas as relacións da Fundación.
✔️ Compromiso coa igualdade e o enfoque de xénero
Aplicación do enfoque de xénero en todas as nosas actuacións, contribuíndo a impulsar a igualdade de dereitos e oportunidades.