Fundacion Meniños

Trazos de identidade

Misión

Somos unha ONG que traballa polos dereitos da infancia e da adolescencia en situación de dificultade social, contribuíndo a xerar un ambiente familiar de seguridade e afecto.

Visión

Ofrecemos servizos de intervención familiar de calidade contrastada para nenos, nenas e adolescentes en situación de dificultade social e promovemos o seu dereito a crecer nun entorno familiar que asegure o seu benestar e desenvolvemento integral, actuando, investigando, difundindo coñecemento, innovando sobre a súa atención e favorecendo a participación doutras persoas e entidades na promoción dunha cultura de bo trato á infancia e a adolescencia.

Os nosos valores

Trazos de identidade

Cambio

Cremos na capacidade de cambio das persoas.

Trazos de identidade

Entorno

O mellor entorno para os nenos e as nenas é a súa propia familia.

Trazos de identidade

Mirada

A nosa mirada apreciativa fai que traballemos dende o respeto coas familias.

Trazos de identidade

Boa razón

Todas as persoas teñen unha boa razón para actuar, aínda que nós non a coñezamos.

Trazos de identidade

Comunidade

A comunidade e as redes de apoio son unha ferramenta valiosísima para arroupar a unha familia.

Trazos de identidade
Trazos de identidade

Contribución aos ODS

A Axenda 2030, adoptada por 193 países, establece 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que a comunidade internacional ten que acadar para todas as persoas, dunha maneira sostible e con equidade. Esta Axenda representa unha gran ocasión para que o Goberno e as políticas públicas respondan de maneira efectiva á loita contra a pobreza e a desigualdade, da man das entidades sociais e do sector privado, sempre tendo en conta as necesidades da cidadanía.

Os ODS promoven tamén os dereitos da infancia e supoñen unha oportunidade para protexer a todos os nenos e nenas baixo a consigna de non deixar a ninguén atrás.

En Fundación Meniños traballamos específicamente para a consecución dos siguintes obxectivos:

Trazos de identidade
Trazos de identidade
Trazos de identidade
Trazos de identidade
Trazos de identidade
Trazos de identidade
Trazos de identidade
¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.