Fundacion Meniños

>

>

Espazos de Preservación Familiar

Espazos de Preservación Familiar

Os Espazos de Preservación Familiar ofrecen un servizo de apoio psicolóxico, social e educativo para nenos, nenas e adolescentes en situación de risco leve de desprotección e as súas familias.

Proporcionamos unha atención adaptada a cada situación familiar, evitando que se agraven as problemáticas e a entrada dos nenos, nenas e adolescentes no sistema de protección. Os espazos son un lugar de encontro comunitario onde se promove o benestar, apoiando as capacidades das familias e o seu papel na protección dos seus fillos e fillas.

O programa ten presenza nas comarcas do Salnés, Barbanza e Ferrolterra, onde atendemos anualmente a 250 nenos, nenas e adolescentes e arredor de 175 familias.

Este servizo foi posto en marcha pola Asociación Arela e a Fundación Meniños. Actualmente a xestión do programa corresponde á UTE Espazos, formada por ambas entidades. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.