Fundacion Meniños

                                    equipo de meniños e ikea en la nueva sala perinatal                                

Grazas á colaboración de IKEA A Coruña e á implicación do seu equipo de persoas voluntarias, contamos cunha nova sala acolledora e totalmente adaptada ás necesidades das nais e bebés do noso Programa de Atención Perinatal.

Este novo espazo na nosa sede central na Coruña foi deseñado pensando no benestar, a calidez e a funcionalidade. Cada detalle foi coidadosamente elixido para crear unha contorna segura, cómoda e respectuosa onde acompañar ás participantes no programa.

A iniciativa forma parte do compromiso de IKEA A Coruña co noso labor. A través do seu programa de voluntariado corporativo, o equipo non só contribuíu con materiais e deseño, senón tamén co seu tempo, enerxía e ilusión, facendo posible a montaxe deste proxecto tan especial.

Esta nova sala permitiranos ofrecer unha atención máis próxima e adaptada, favorecendo o vínculo nai-bebé e proporcionando unha contorna que promove a confianza, o coidado e o acompañamento profesional.

Desde Fundación Meniños queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a IKEA A Coruña e a todas as persoas que formaron parte desta colaboración solidaria.

Seguimos creando espazos que coidan e acompañan.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.