Fundacion Meniños

>

>

Intervención con mulleres vítimas de violencia sexual

Intervención con mulleres vítimas de violencia sexual

A violencia sexual deixa unha marca moi fonda na vida das vítimas. Non só afecta ao corpo, senón tamén aos sentimentos, aos pensamentos e á maneira de ver o mundo. A persoa pode sentirse triste, con medo, confundida ou incluso culpable. Estes efectos poden durar moito tempo e dificultar o día a día, as relacións coas demais persoas e a confianza en si mesma. Por iso é tan importante acompañar, apoiar e dar espazo para que a persoa poida falar, recuperar a seguridade e autoestima.

O noso obxectivo terapéutico é axudar ás mulleres a adquirir as habilidades que lles permitan facer fronte ás consecuencias da violencia, traballando na súa recuperación emocional e na superación do trauma, e promovendo o seu benestar tanto psicolóxico como físico.

Complementamos o proceso terapéutico co programa de fortalecemento físico “Recorpórate” onde as mulleres a través da actividade deportiva dirixida integran “unha mente sa nun corpo san”.

Ofrecemos atención terapéutica a máis de 100 mulleres cada ano.

Intervención con mulleres vítimas de violencia sexual
Intervención con mulleres vítimas de violencia sexual
¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.