Fundacion Meniños

A web do proxecto AXIA busca dar a coñecer o proxecto, facilitar a participación e amosar seu desenvolvemento nos centros educativos. Un paso máis para seguir impulsando contornos libres de violencia para a infancia.

 

O proxecto AXIA xa está no ciberespazo!

 

AXIA é un dos nosos programas educativos gratuítos, que achega ás aulas unha forma diferente de traballar:

 

– A saúde mental infantil
– O bo trato como base das relacións
– A prevención da violencia desde idades temperás

 

A través dunha sesión de 100 minutos, o alumnado de 1º ciclo de primaria vive unha experiencia simbólica onde a aula se transforma nunha nave espacial e percorre estacións sobre emocións, empatía e compromisos.
Ademais, os centros que participan reciben:

 

– Kit Galáctico con materiais para aula, profesorado e familias
– Comunidades virtuais con recursos, retos e acompañamento durante o curso
– Seguimento por parte do equipo técnico

 

Se queres coñecer máis o proxecto, visita: somosaxia.org

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.