Fundacion Meniños

Grupos de Apoio á Marentalidade
Imaxe: algúns dos traballos realizados nun dos nosos obradoiros dos “Grupos de Apoio á Marentalidade”

A intervención supón unha atención personalizada de carácter integral con apoio psicolóxico, social e educativo, o que permite romper as dinámicas de funcionamento deterioradas dentro da familia.

Na foto vemos algúns dos traballos realizados nun dos nosos “Grupos de Apoio á Marentalidade”, un taller  composto por 11 sesións que realizamos no marco do Programa de Intervención Familiar que desenvolvemos en Fundación Meniños.

Os grupos de apoio á marentalidade teñen como obxectivo xeral fortalecer as competencias marentais e os recursos resilientes de mulleres superviventes de violencia para así favorecer o bo trato infantil.

Trátase dun taller dirixido especialmente a mulleres que sobreviviron a situacións de violencia e que mostran dificultades para manter o coidado e a protección dos seus fillos e fillas a causa desta situación vivida. 

Como obxectivos específicos, entre outros , diríxese a fortalecer o desenvolvemento de estratexias baseadas no bo trato para a resolución de conflitos e no manexo das situacións de estrés, ou favorecer a discusión no tocante ás crenzas e os modelos educativos das nais para reforzar unha visión positiva e realista do futuro.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.