Fundacion Meniños

Presentamos “Temos que estar á altura”, unha chamada ao compromiso coa infancia

Hoxe presentamos “Temos que estar á altura”, unha iniciativa coa que queremos concienciar á cidadanía sobre a necesidade de protexer aos nenos e nenas e visibilizar o noso traballo en favor da infancia e a adolescencia.

 

Os dereitos da infancia son unha responsabilidade colectiva que ninguén debe eludir, por iso apelamos a toda a sociedade para dar a talla diante das necesidades dos nenos e nenas da nosa contorna.

 

Preocúpanos especialmente a exposición á violencia que sofren os nenos e nenas en diferentes ámbitos; social, educativo, familiar etc. Por iso buscamos sensibilizar á sociedade para asegurar un ambiente protector e de bo trato cara a infancia.

 

En Meniños levamos xa case 30 anos traballando para transformar esta realidade. En palabras da nosa Directora, Verónica Rivadulla: “a nosa traxectoria fíxonos moi conscientes das consecuencias vitais que ten nos nenos e nenas a exposición á violencia”. Por iso desenvolvemos programas enfocados non soamente en reparar as consecuencias do risco e a desprotección, senón en previlas.

 

Presentamos “Temos que estar á altura”, unha chamada ao compromiso coa infancia

 

Para Meniños estar á altura é:

 

  • EMPATIZAR: Ser conscientes de que a protección da infancia é responsabilidade de todos e todas.
  • PROTEXER E DENUNCIAR: Actuar cando detectamos situacións de risco.
  • COOPERAR E COLABORAR: Apoiar o traballo de organizacións como a nosa.
  • EDUCAR en valores de respecto, bo trato e igualdade.

 

Só desde a implicación de toda a sociedade poderemos construír un futuro verdadeiramente seguro e respectuoso para a infancia.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.