Fundacion Meniños

A directora xeral de Meniños, Verónica Rivadulla e a directora de Desenvolvemento e Sustentabilidade Begoña Pallas, no photocall do Treze Luzes 2025
Veronica Rivadulla, directora xeral de Meniños, e Begoña Pallas, directora de Desenvolvemento e Sustentabilidade, no Treze Luzes 2025

O pasado 18 de setembro celebrouse a sétima edición do evento solidario Trezeluzes na Finca Montesqueiro (Oleiros).

O evento foi conducido polas presentadoras María Mera e Patricia Rey. Despois da poxa solidaria os asistentes gozaron dun “showcooking” ofrecido por 13 destacados chefs e catadores de Galicia, ademais de actuacións musicais.

Durante a gala realizouse a entrega oficial das doazóns correspondentes á convocatoria deste ano, que ascenderon a 250.000 euros. Nesta edición Fundación Meniños recibiu 50.000 euros para o Programa de Atención Perinatal para Nais en situación de Dificultade Social, e o resto da recadación repartiuse entre proxectos doutras entidades, na súa meirande parte de axuda á infancia.
Treze Luzes está consolidada coma unha cita imprescindible para a solidariedade en Galicia, reunindo a persoas, entidades e empresas ao redor dun compromiso coas entidades sociais.

Agradecemos á Fundación Trezeluzes a súa confianza un ano máis no noso proxecto.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.