Mesa Institucional do Programa CaixaProinfancia para a rede local de Pontevedra

|
imaxe: Mesa Institucional do Programa CaixaProinfancia en Pontevedra

O 1 de decembro celebrouse en Pontevedra a Mesa Institucional do Programa CaixaProinfancia para a rede local da cidade onde somos entidade coordinadora e referente para as familias. 

Ademais de responsables da Fundación “LaCaixa” e das entidades que coordinamos CaixaProinfancia, acudiron representantes da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, administracións que facilitan o desenvolvemento do programa a través de convenios de colaboración amosando o seu compromiso coa infancia en situación de vulnerabilidade. 

Durante a xuntanza abordouse a avaliación do programa no pasado curso 2021/2022 e a planificación do curso actual 2022/2023 así coma os retos actuais para a maior eficacia e calidade na atención ás familias en situación de vulnerabilidade de Pontevedra.  

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *