Fundacion Meniños

Este curso AXIA convértese nun itinerario educativo de seis anos, con propostas adaptadas a cada etapa da Educación Primaria.

AXIA, o universo do bo trato, medra para acompañar o alumnado durante toda a Educación Primaria. A nova proposta estrutúrase en tres etapas que evolucionan coas necesidades das nenas e dos nenos: desde a identificación das emocións e a empatía, o pensamento crítico, o respecto e os límites persoais, ata a educación afectivo-sexual.

– En 1º e 2º de Primaria, «O Universo do bo trato» traballa as emocións e as primeiras normas de convivencia.

– En 3º e 4º, «A sombra volve medrar» aborda situacións máis complexas e axuda o alumnado a tomar decisións e a relacionarse de forma consciente.

– O Colexio do Benquerer», dirixido ao alumnado de 5º e 6º, afonda na diversidade, nas relacións, no respecto e nos límites.

AXIA non se explica, vívese, porque utiliza unha metodoloxía experiencial e unha narrativa inmersiva na que o alumnado participa activamente. O noso equipo AXIA aplica o programa directamente nos centros educativos, ofrecendo tamén materiais para a aula, acompañamento ao profesorado e propostas de continuidade.

AXIA é gratuíto para os centros educativos e conta con prazas limitadas.

Se queres formar parte da alianza AXIA, escríbenos aquí:

Formulario AXIA

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.