A Lactación Materna no Programa de Atención Perinatal

|
Imaxe: freepik

Protexer, promover e apoyar a lactación materna é un obxectivo compartido polo Programa de Atención perinatal en canto a práctica simple, vantaxosa e rendible cando é vivida con desfrute pola nai e o bebé, que ademais reúne os elementos fundamentais para favorecer unha vinculación temperá: proximidade, pel con pel, contacto ocular, olor.

PROTEXER

Durante o último trimestre de embarazo, se proponse ás mulleres coas que traballamos nos grupos, cando no xorde espontáneamente, explorar os coñecementos “populares” que de maneira consciente ou inconsciente imos acumulando sobre a lactancia materna desde a nosa cultura e contorno social.

De xeito respectuoso e tratando de espertar a curiosidade compártense mitos e crenzas interculturais (xa que as mulleres do programa adoitan ter raíces distintas) sobre a calidade e cantidade do leite materno, a técnica de lactancia e os coidados maternos durante a mesma.

Sucede con frecuencia, que incluso as mulleres que pensaban que non sabían nada sobre o tema, se decatan de que teñen almacenados un conxunto de ideas, moitas delas sin fundamentos científicos, que posiblemente se non son reflexionadas, guiarán os seus pensamentos, as súas decisións e as súas accións no momento de enfrentarse á Lactancia Materna. Adoitan ser aseveracións sinxelas e fáciles, que non se cuestionan, nin contrastan, repítense de maneira automática e retroaliméntanse pola mesma repetición. “Se ties un peito pequeno, tendrás pouco leite”, “o calostro non alimenta”, “se o bebé pide antes de tempo…no hai leite suficiente”, “se o bebé chora moito, é que non lle chega o leite” etc…

É importante facer aflorar a un nivel consciente estas e outras crenzas erróneas nos grupos prenatais, xa que no postparto, ao ser un momento de maior vulnerabilidade estas informacións poden minar a xa fráxil confianza das mulleres na súa capacidade de aleitar e así interferir e dificultar o establecemento dunha lactación eficaz.

PROMOVER

Co obxectivo constante de ir fomentando a seguridade de cada muller no bo e sorprendente funcionamento do seu corpo, que sabe parir, así como producir o nutrimento para as súas crianzas, ofrécese e compártese nos grupos información sobre o funcionamento do peitoas características adaptativas do leite materno  e sobre todo acerca do comportamento normal dun bebé alimentado con leite materno

É fundamental alimentar durante o embarazo la confianza das nais en si mesmas e nos seus bebés, que tamén fóra do útero van ser capaces de demandar o que necesitan, sempre e cando esteamos en sintonía con eles.

APOIAR

A Lactación Materna é un fenómeno biocultural, hai un compoñente instintivo (sobre todo do bebé) e un cultural, transmitido dunhas mulleres a outras (nais, tías, veciñas), pero tras a introdución do leite de fórmula, a así chamada cultura do amamantamento perdeuse e ao noso ao redor raramente vemos mulleres dar o peito.

A lactación é por tanto unha conduta aprendida, que require práctica e moito apoio para facer fronte ás posibles inseguridades e frustracións.

Ao achegarse o momento do parto, as mulleres do programa reciben información sobre os talleres diarios que a matrona do banco de leite ofrece ás gestantes no Hospital Clínico de Santiago, e sobre os grupos de apoio á lactación materna locais.

Desde o Programa de Atención Perinatal apóiase a Lactación Materna, Ofrecendo ás nais a información e o apoio necesario para que esta leve a cabo con éxito, pero sempre tendo en conta que a decisión é da propia nai e que é posible conseguir unha boa vinculación temperá se mantemos coa lactación artificial todos aqueles elementos que garanten o vínculo: proximidade, pel con pel, contacto ocular, dedicación.

Os grupos de traballo postnatales do programa son un espazo máis variado onde as nais ofrecen peito ou biberón segundo a propia decisión, e comparten a crianza dos seus fillos e fillas e o coidado recíproco baseado no mutuo respecto.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará