
“Céntimo solidario” é unha iniciativa de Vegalsa-Eroski que permite ás persoas clientes sumar uns céntimos ao pagar a súa compra con tarxeta ou móbil para apoiar cada mes un proxecto social.
En 2025 se recaudaron a través de este programa, que se desarrolló en Galicia, Asturias y Castela y León un total de 247.048,39 euros para 12 iniciativas sociales.
Xullo de 2025 dedicouse a Meniños, cun importe recadado de 21.727,50 €, que se destinará ao noso proxecto Cancha.
O obxectivo deste proxecto é garantir o acceso ao ocio e ao xogo da infancia vulnerable, facilitando a participación en actividades personalizadas de deporte, arte e xogo libre.
É unha ferramenta técnica para:
Fortalecer vínculos: fomentar o ocio en familia (cine, aniversarios, eventos culturais).
Garantir a equidade: asegurar que ningunha nena, neno ou adolescente quede fóra por falta de recursos.
Acompañamento profesional: cada actividade está supervisada polo noso equipo técnico, garantindo que sexa unha experiencia segura e adaptada a cada realidade.
Desde o seu inicio en 2023 participaron 160 nenos e nenas de toda Galicia.
Agradecemos a súa implicación a Vegalsa-Eroski e a todas as persoas que sumaron solidariedade ás súas compras.