Fundacion Meniños

Desde a Fundación Meniños levamos case 30 anos apostando por unha ollada diferente na intervención familiar. Unha ollada que recoñece o valor de cada historia, a importancia dos vínculos e o potencial de cada persoa.

Froito desta experiencia e cunha sólida base científica, nace o Modelo Meniños para o Fortalecemento e Benestar Familiar (MOME): unha proposta innovadora que transforma o acompañamento profesional nun proceso próximo e empático.

familia con una hija en terapia

O MOME non é só unha metodoloxía: é unha forma de estar coas familias. Baséase en principios como a seguridade emocional, o coidado mutuo, a parentalidade positiva, a conexión coa comunidade e o desenvolvemento familiar.

Este modelo reflicte a nosa maneira de entender a intervención social: próxima, respectuosa, comprometida cos dereitos humanos e baseada na promoción de capacidades.

Recollémolo nun manual coordinado por Rocío Gómez-Juncal, da UNIR – Universidade Internacional da Rioxa, que inclúe ferramentas prácticas, pautas claras e exemplos reais xurdidos do traballo cotián dos equipos de Meniños.

Está dirixido a profesionais da intervención social, a psicoloxía, a educación e outros eidos relacionados, que buscan enfoques eficaces e respectuosos para acompañar ás familias en contextos complexos.

O seu valor reside tanto na solidez teórica como na súa aplicabilidade directa á práctica profesional. É unha guía útil para a toma de decisións e unha fonte de inspiración para quen desexa transformar a maneira de intervir, desde unha perspectiva de coidado, respecto e promoción de dereitos.

Esta obra é, en esencia, un reflexo do traballo que día a día realizamos na Fundación Meniños: un modelo feito con e para as familias, acompañando desde a confianza e a empatía.

Un recurso para quen sabe que outra forma de acompañar non só é posible, senón necesaria.

Pódese descargar de forma libre en:

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.