Fundacion Meniños

Xa está en marcha o Punto de Encontro Familiar da Barbanza
Imaxe: Xunta de Galicia

Recibimos a visita da a Conselleira de Política Social, Fabiola García, do Director Xeral de Familia, Jacobo Rey e do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, no Punto de Encontro Familiar da Barbanza, de recente creación.

Os Puntos de Encotro familiar son espazos seguros cuxo obxectivo é favorecer e facilitar unha boa relación entre nenos e nenas e as persoas das súas familias en situación de separación, divorcio, nulidade, tutela ou calquera outro suposto de interrupción da convivencia familiar, evitando que o exercicio do dereito de visitas se vexa interrompido ou o seu cumprimento resulte difícil ou conflitivo.

O Punto de Encontro da Barbanza é o primeiro destas características que se pon en marcha fóra das cidades galegas.

O servizo é prestado por un equipo multidisciplinar da Fundación Meniños composto por profesionais da psicoloxía e a educación social, experto en atención, orientación e intervención con nenos, nenas e as súas familias.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.