Buscamos persoas voluntarias para o proxecto “Lecxit, Lectura para o Éxito Educativo” ^

| |
Imaxe: Proxecto Lecxit

Precisamos contar co apoio de persoas voluntarias para levar a cabo o proxecto LECXIT, cuxo obxectivo é promover o éxito escolar a través da promoción da lectura cun acompañamento personalizado durante o curso.

Duración da colaboración: curso académico 2021/2022 (de outubro a maio).

Localización: A colaboración será presencial en centros educativos de Galicia (concretamente Pontevedra, Vigo,
A Pobra do Caramiñal, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense e Lugo).

Actividade: Acompañamento individualizado nunha actividade de lectura durante unha hora á semana a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria.

Requerimentos: 

  • Dispoñibilidade para comprometerse a participar durante todo o curso.
  • Interese pola lectura. 
  • Certificado negativo de delitos sexuais.
  • Non é precisa ningunha titulación específica.

Se che gusta a lectura, e queres acompañar a un neno ou nena para axudarlle a mellorar a súa comprensión lectora, contamos contigo!

Contacta con nós escribindo a: lecxit@meninos.org

Publicaciones Similares

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *