Fundacion Meniños

20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos da Infancia
Debuxo dunha nena participante no Programa de Integración Familiar da provincia da Coruña

Hoxe, 20 de novembro conmemórase o día dos dereitos da infancia, un día perfecto para reflexionar sobre o noso papel na súa defensa, non queremos falar no seu nome, non queremos ocupar o seu lugar, non queremos restarlles protagonismo, senón que queremos ser a plataforma de transmisión da súa propia voz, porque a súa condición de persoas menores de idade non minora ningún dos seus dereitos como persoas, nin ningunha das súas capacidades. Teñen voz, teñen opinión, e teñen necesidade e dereito a pronunciarse e a que se faciliten todas as canles que necesiten, e son estas canles, ferramentas e espazos físicos e institucionais, os que deben ser adaptados para que poidan facer uso deles. 

Queremos contribuír decisivamente a deixar de lado consideracións adultocentristas que, aínda que sexa con voa vontade, usurpan, desacreditan e relegan a voz da infancia. Para iso é fundamental otorgarlle á infancia, aos nenos e ás nenas, o valor que teñen, abandonar para sempre a súa instrumentalización, e devolverlles o protagonismo imprescindible para construír unha sociedade na que sexan un axente político recoñecido.

Estes tempos de pandemia tamén nos teñen mostrado desgarradoramente como nenos e nenas son relegados, invisibilizados, e incluso culpados. 

A infancia é tremendamente vulnerable, esa vulnerabilidade ha de servir para favorecer e fortalecer a súa presencia, a súa opinión, os seus intereses, o seu benestar.

O noso labor é a protección da infancia e nesta protección, eles e elas son os protagonistas, teñen moito que dicir e o que din non debe ser silenciado, protéxese dándolles voz, outorgándolles credibilidade, respectando o seu pronunciamento, facilitándolles canles seguras, organizadas e accesibles para a participación, e elevándoos a actores políticos indispensables na construción da sociedade. 

Contribuíndo a este obxectivo, realizamos unha serie de entrevistas a rapazas e rapaces de entre 11 e 18 anos dándolles a oportunidade de expresar as súas vivencias e inquedanzas desde o comezo da COVID19 e como a pandemia afecta aos seus dereitos.
Reocollémolas baixo o título: «Os dereitos da infancia, en corentena. Teño dereito a dicir o que penso», que podes descargar aquí:

Os máis pequenos e pequenas do programa CaixaProinfancia de Pontevedra plasmaron os seus desexos respecto aos dereitos da infancia a través de cartas e debuxos dos que vos amosamos aquí unha escolma.

20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos da Infancia
20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos da Infancia
20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos da Infancia
20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos da Infancia

¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.