Non estades soas
Estamos a vivir uns días duros para todos e todas. Este maldito virus puxo en xaque a toda a sociedade. Aínda seguimos perplexos pola situación actual, e fácendonos conscientes de que nos enfrontamos a algo descoñecido para a nosa xeración. Quen podería pensar que na sociedade tecnolóxica e globalizada na que vivimos, puidera pasar algo desta índole…
Sigo preguntándome como puido pasar, aínda que teño que confesar que hai un aspecto que me encanta, ver que o planeta segue sendo máis sabio e nos está a dar unha resposta ao que os humanos non fomos capaces de acadar. De que ou unimos as nosas conciencias nun propósito común e o protexemos, ou acabaremos narrando unha historia difícil de imaxinar.
Alén de lamentos e da necesidade de atopar respostas, (que chegarán no seu debido momento), hoxe todos e cada un de nós facemos fronte a esta nova situación.
Emocións difíciles de xestionar para moitos, se non contamos coas ferramentas necesarias, xa que facemos fronte a unha situación de incertezas, preocupación, incertidume, cambios a nivel laboral e económico, medo…
Isto trasládame a unha reflexión. Penso que é a primeira vez que toda a sociedade se moviliza e voga na mesma dirección para lograr un obxectivo común, gañarlle a batalla ao “bicho”. Aquí estamos implicados todos e todas, ricos e pobres, homes e mulleres, nenos e nenas…
Quero pensar que isto nos vai xerar un sentido de pertenza común, unha imaxe global da sociedade máis empática, na que todos e todas nos preocupamos polos nosos familiares, amigos, veciños… así o estamos demostrando cos que están na primeira liña de fogo; persoal sanitario, corpos de seguridade, profesionais do traballo social, da psicoloxía, transportistas, dos establecementos de alimentación e produtos básicos… e un longo etcétera.
Coma terapeuta do Programa de Intervención con nenos e nenas Vítimas de Violencia de Xénero, a miña mente lévame a pensar que isto poida remover as nosas conciencias, e por que non, que esta nova conciencia colectiva nos mova a todos e a todas á acción e o noso foco de atención poda xirar e ampliarse cuando todo isto remate, en eliminar dunha vez por todas esta outra pandemia á que levamos tantos anos enfrontándonos, la violencia de xénero en todas as súas modalidades. Unha lacra da que como sociedade non somos capaces de facer desparecer e oxalá esta nova conciencia colectiva, cando todo isto pase, poda xerar un movemento que faga que se eliminen estes reductos que non somos quen de erradicar. Porque todos e todas podemos contribuír a por facer desaparecer a violencia, desde o noso propio activismo, desde a educación (tanto a nosa, coma a dos nosos fillos e fillas), desde a política, e desde a legalidade ofreciendo unha protección real desde o minuto un ás vítimas.
Hoxe a miña mi mente está en todas esas mulleres que teñen que pasar este confinamiento co seu agresor. O mesmo impulso que nos leva a loitar contra este COVID-19, é o que nos ten que axudar a acabar con isto. Romper co ciclo da violencia é tan difícil coma facer fronte a esta outra pandemia, polo que desde aquí gustaríame dar voz a esas mulleres e dicirlles que agora máis que nunca NON ESTADES SOAS. Todos os mecanismos de colaboración entre administraciones e entidades seguimos dando resposta a estas situacións de violencia.
Esta infografía interactiva recolle os principais recursos nos que poderedes atopar resposta a calquera situación na que esteades. Facede clic sobre as iconas e as imaxes para acceder a máis información.
Ángel Cañizares
Psicólogo
Programa de Atención a Nenos e Nenas
Vítimas de Violencia de Xénero