Como acompañar en la muerte gestacional y perinatal
Neste mes de concienciación da morte xestacional e perinatal, gustaríanos facer algunhas recomendacións de como poder acompañar de maneira empática e respectuosa a mulleres e familias que pasen por esta situación.
NON:
-Xulgues ou racionalices as súas emocións. -Minimices a perda comparándoa coas túas perdas ou as de outras persoas.
-Cambies de tema para distraela ou distraelo da dor -Facer comentarios tipo: “xa terás máis,” “aínda es moi xove”, “polo menos tes aos outros fillos”, “mellor agora que máis tarde”…
-Fales do futuro, porque neste momento o que precisa é recollemento e vivenciar o que lle sucede no presente.
SI:
-Respectar o ritmo de cada persoa: acepta se quere falar ou se non quere falar do tema.
-Preguntar que precisa e axudar en cousas concretas: levar comida, atender aos fillos, dar un paseo, estar ao seu lado…
-Aceptar que non podemos facer nada para que a persoa se sinta mellor. A dor é un proceso polo que precisa pasar.
-Evitar os consellos: non sabemos se o que nos sirve a nós lle vai servir tamén a outra persoa.
-Está ben se non sabes que facer. As veces soamente con “estar” chega.
Dende o Programa de Atención Prenatal e Posnatal da Fundación Meniños, sabemos a importancia de acompañar persoal e profesionalmente ás familias que o viven para así poder elaborar este tipo de perdas.